Etiquetas: Bandeiras
Desenho Galego. Un novo blog recolle varias das propostas gráficas dos nosos deseñadores de hoxe e onte.
Gallaecia Regnum (tamén Regnum Galliciense, Reino de Galiza ou Reino de Galicia)Autor da recreación: Xesús Benítez Baleato (suso @ ultreia . org)
Escudo: En campo de azur bordura de prata con lenda en sable "Hoc Hic Mysterium Fidei Firmiter Profitemur", cáliz de ouro sumado de patena de prata e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. De soportes dragón á sinistra de sinople e león de gules a destra, rampantes. Divisa en sable "Gallaeciae Regnum" sobre cinta de plata ao pie. Ó timbre, coroa real cerrada, que esé un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibeiss cinco, interpoladas de perlas e das súas follas salen sendas diademas sumadas de perlas, que converxen nun mundo de azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de oro. A corona, forrada de gules, ou vermelho.
Bandeira: De ouro, sen particións.
Fontes: O dragón verde e o león vermello son as armas dos reis suevos (1669, Arquivo da Xunta Xeral do Reino de Galicia, e 1927 Pérez Constanti en "Crónicas Galicianas"). O Graal como bandeira e armas dos reis de Galyce aparece por primeira vez documentado nun armorial inglés do século XIII.
Reino de Galicia (Reino de Galiza) ou Gallaecia Regnum (409-1833), primeiro Reino europeo independente de Roma
Etiquetas: Bandeiras